Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 16 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BEARIZ

27 Xun 2020

O método de selección é concurso oposición

O concello de Beariz fai públicas dúas convocatorias de emprego no BOP do 27 de xuño:

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal
1.- Número e denominación dos postos de traballo: unha brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais, composta por un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión condutor/a, tres pións de brigada e un/ha condutor/a de tractor para tratamentos preventivos de xeito mecanizado.
2.- Modalidade do contrato: contrato temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo de presentación de solicitudes: dous días hábiles dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia.
6.- As bases específicas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Beariz e no seguinte enlace
https://beariz.sedelectronica.es/board.

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal
1.- Número e denominación dos postos de traballo:
• Dúas/Dous pións de servizos múltiples en instalacións deportivas, culturais e vías públicas a media xornada: 2 meses.
• Cinco pións de servizos múltiples en instalacións deportivas e culturais a media xornada: 4 meses.
• Tres monitor@s ao aire libre para actividades dirixidas á mocidade e á infancia a media xornada: 2 meses.
2.- Modalidade do contrato: contrato temporal por obra ou servizo determinado.
3.- Sistema de selección: concurso-oposición.
4.- Prazo de presentación de solicitudes: dous días naturais dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia.
5.- As bases específicas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Beariz e na sede electrónica no seguinte enlace: https://beariz.sedelectronica.es/board

Volver