Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 15 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

15 Xun 2020

Son contratos de tres meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai públicas as convocatorias no BOP do 15 de xuño para a contratación laboral de dúas/dous capataces, dúas/dous pións condutor@s, seis pións de brigada de incendios e cinco condutor@s motobomba, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 28-05-2020:

1º.- Número e denominación das prazas: dúas/dous capataces, dúas/dous pións condutor@s, seis pións de brigada de incendios e cinco condutor@s motobomba.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: tres meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste Concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver