Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 15 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BOBORÁS

26 Mai 2020

Trátase de contratos temporais a xornada completa e parcial

O concello de Boborás publica no BOP do 26 de maio dúas convocatorias para pión, pións condutor@s e xef@s de brigada. Son as seguintes:

- Convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións-condutor@s e seis pións. Mediante a resolución da alcaldía do 20 de maio de 2020, aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación temporalmente de dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións-condutor@s e seis pións. As/Os interesad@s poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web  www.boboras.gal  

 

- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 21 de maio de 2020:

1.- Número e denominación das prazas: cinco traballador@s para prestar servizo como pións de servizos múltiples.

2- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas semanais).

3.- Duración do contrato: seis meses

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.000 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (www.boboras.gal ) e na sede electrónica (https://boboras.sedelectronica.gal ).

 

Volver