OFERTA DE 13 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO
Son contratos temporais para as brigadas contra incendios forestais
O concello de Vilar de Barrio fai públicas no BOP do 23 de xuño dúas convocatorias para os seguintes postos de traballo:
3 encargadas/os do manexo do vehículo motobomba para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o exercicio 2022.
2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es e 6 pións de brigada para a formación de 2 brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
1.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: tres encargadas/os do manexo do vehículo motobomba para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o exercicio 2022.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
3. Duración do contrato: 4 meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal: https://vilardebarrio.sedelectronica.gal
2.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: 2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es e 6 pións de brigada para a formación de 2 brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
3. Duración do contrato: tres meses.