Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 13 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

10 Xun 2017

Son para as brigadas antiincendios

O concello de Montederramos fai pública a convocatoria para as contratacións laborais, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 30 de maio de 2017 pra un total de 13 prazas (2 xef@s, 2 pións-condutor@s, 6 pións forestais e 3 condutores VMB) para as brigadas de incendios 2017. A modalidade de contratación será laboral temporal e a duración do contrato de tres meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O prazo de presentación de instancias é de 5 dias naturais dende o da publicación no BOP (10/06/17). Deberanse facer no rexistro do concello de Montederramo, de luns a venres, das 09:00 ás 14:00 horas ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das AAPP. O texto íntegro está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.montederramo.es

Volver