OFERTA DE 13 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO
Formarán dúas brigadas contra os lumes forestais
Convocatoria para a contratación temporal de 13 traballadores/as no concello de Montederramo, publicada no BOP do 28 de xuño, para a loita contra os incendios forestais no 2023: 6 pións/pioas forestais, 2 capataces/as, 2 pións/pioas-condutores/as de brigada e 3 pións/as-condutores/as do VMB, mediante sistema de concurso.
Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura de carácter laboral temporal dos/as traballadores/as integrantes de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Montederramo, publícase, resumida, a convocatoria para xeral coñecemento:
Núm. e denominación dos postos: 6 pións/pioas forestais, 2 capataces/as, 2 pións/pioas-condutores/as de brigada e 3 pións/as-condutores/as do VMB.
Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
Sistema de selección: concurso
Bases da convocatoria.-As publicadas integramente no taboleiro de anuncios municipal e sede electrónica [http://montederramo.sedelectronica.gal].
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco (5) días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, na sede electrónica municipal ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.