OFERTA DE 13 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MELÓN
Conformarán as brigadas contra incendios forestais
O concello de Melón fai público no BOP do 23 de abril a convocatoria e bases específicas para a selección de traballadores/as laborais temporais para as brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
Normas xerais: contratación laboral temporal realizarase na modalidade de contrato de obra e servizo para pións, pións condutoras/es, xefas/es de brigada e condutoras/es de motobomba na campaña de verán, campaña de extinción de incendios. O contrato estará condicionado á segunda addenda do Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Melón para a participación na prevención de incendios forestais mediante a prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2021, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

