Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 13 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE COLES

13 Nov 2021

Son postos para traballadoras/es do SAF

O concello de Coles fai público no BOP do 13 de novembro que, fican aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 13 persoas na ocupación de “traballadores/as dos coidados persoais a domicilio” en réxime laboral temporal a xornada completa, co seguinte resumo da convocatoria para o seu coñecemento xeral e chamamento ao concurso:
1. Número e denominación do posto: 13 traballadores/as dos coidados persoais a domicilio para o Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Coles, mediante concurso, en réxime laboral e con carácter temporal, como máximo ata o 31/12/2022
2. Servizo: Servizo de Axuda no Fogar do concello de Coles
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servicio, de duración determinada a tempo completo.
4. Sistema de selección: concurso
5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do concello de Coles, situado no lugar de Vilarchao, 34, 32152 Coles, Ourense, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
6. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de edictos do concello e na sede electrónica: concellodecoles.sedelectronica.gal

Volver