OFERTA DE 12 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MACEDA
Traballarán no grupo de emerxencias supramunicipal
O concello de Maceda fai pública no BOP do 24 de abril a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal (12 persoas) para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, con sede en Maceda. Mediante resolución da alcaldía, do 22 de abril de 2021, aprobáronse as bases de selección para a contratación de persoal laboral temporal (12 persoas) para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, con sede en Maceda:
1.-Modalidade de contratación: contrato de obra ou servizo.
2.-Duración da contratación: os contratos terán unha duración máxima de dous anos.
3.-Sistema de selección: concurso-oposición.
4.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello, tras a solicitude de cita previa, no prazo de sete días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As instancias, xunto coa documentación precisa, tamén poderán remitirse na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como a través da sede electrónica do Concello de Maceda. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 463 163) ou un e-mail ao seguinte correo: laboral@concellodemaceda.org, coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación.As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://concellodemaceda.sedelectronica.gal.

