Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 11 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

06 Xun 2020

Son postos para a brigada contra incendios forestais

Oferta de traballo no concello de Montederramo feita pública no BOP do 6 de xuño, por resolución da alcaldía dese concello, con data 3 de xuño de 2020, aprobouse a contratación das prazas que se relacionan, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, así como as bases reguladoras da convocatoria:

- Dúas prazas de capataz/xefe/a de brigada contra incendios.

- Dúas prazas de pión-condutor/a das brigadas.

- Catro prazas de pións forestais para as brigadas.

- Tres prazas de condutor@s do vehículo motobomba.

Duración do contrato: tres meses, a xornada completa.

Na páxina web municipal, sede electrónica e taboleiro de anuncios aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación das prazas. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense. Lugar: rexistro xeral do Concello de Montederramo, presencialmente, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das AA.PP. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica (https://montederramo.sedeelectronica.gal).

Volver