Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 11 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

22 Mai 2017

Son para dúas brigadas de extinción de incendios e 1 operador/a de maquinaria

O concello de Calvos de Randín publica dúas convocatoriaa para contratacións laborais. A primeira delas é para un operador/a de maquinaria, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 05-05-2017. Será un contrato laboral a xornada completa cunha duración de seis meses. O sistema de selección será por concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (22/05/17), se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo electrónico deste Concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta, o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

No caso da segunda convocatoria, é para a contratación laboral de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais 2017, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 5-05-2017. As prazas son para 2 de xef@s de cuadrilla, 2 de pións condutor@s e 6 de pións. A modalidade das contratacións son contrato laboral a xornada completa. A duración do contrato será de tres meses. O sistema de selección por concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (22/5/17), se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta, o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

Se queres descarregar as bases abre os arquivos que están debaixo da fotografía

Volver