Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 10 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BALTAR

10 Xun 2020

Formarán as brigadas antiincendios forestais

O concello de Baltar fai pública no BOP do a convocatoria de selección de persoal para a  de xuño a provisión dos seguintes postos de traballo: dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións-condutor@s e seis pións forestais. A alcaldía, mediante a resolución con data 08/06/2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións-condutor@s e seis pións forestais. Os/as interesados/ as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica https://baltar.sedelectronica.gal

Volver