Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OBRADOIRO DE EMPREGO NO CONCELLO DE CEA: OFERTA DE POSTOS DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE

02 Set 2022

Hai postos para director/a, persoal administrativo e persoal docente

O concello de San Cristovo de Cea fai público no BOP do 2 de setembro que, por resolución da alcaldía, do día 29 de agosto de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo e docente, do proxecto Obradoiro Dual de Emprego denominado “Vía da Prata II”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.

Clase de persoal: laboral temporal.

Duración: 12 meses.

Prazas convocadas: director, persoal administrativo e persoal docente.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.

Volver