Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OBRADOIRO DE EMPREGO: MASIDE BUSCA PERSOAL PARA A EQUIPA DIRECTIVA

20 Set 2022

Ofertan postos para Director/a, Docentes e Administrativa/o

O concello de Maside fai público no BOP do 20 de setembro que por resolución da alcaldía do 16 de setembro de 2022, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para seleccionar o persoal directivo, docente e de apoio, do proxecto Obradoiro dual de emprego denominado “Agrupación Carbosam 2022”, promovido polos concellos de Maside, O Carballiño, Boborás, e San Amaro.

Clase de persoal: laboral temporal.
Duración: 12 meses.
Prazas convocadas: director/a, persoal administrativo e persoal de apoio docente.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos de publicarse este anuncio de convocatoria no BOP, exclusivamente na sede electrónica do concello de Maside.
Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria no taboleiro web dos concellos do Carballiño, Boborás, San Amaro e Maside.

Volver