Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O XULGADO ESTIMA UNHA NOVA DEMANDA DA CIG CONTRA A DEPUTACIÓN DE OURENSE

24 Xun 2020

Modificou de xeito irregular as condicións de trabalho dalgúns operarios

O pasado día 19 de xunho o xulgado do social número 3 de Ourense ditou sentenza contra a que non cabe recurso, pola que, estimando integramente a demanda interposta pola CIG, a Deputación Provincial de Ourense queda obrigada a manter as anteriores condicións laborais tanto en horario como en distribución de tempo. Estas modificacións foron comunicadas a varios traballadores do servizo de recolha do lixo que prestan servizo no Carbalhinho e San Cibrao das Vinhas mediante decreto entregado o día 13 de febreiro de 2020.

No falho da sentenza, que estima a pretensión subsidiaria alegada contra a Deputación de Ourense, declara "injustificada la modificación sustancial de las condiciones de trabajo adoptada por la empresa, condenándola a estar y pasar por dicha declaración y a reponer al actor en sus anteriores condiciones laborales tanto en cuanto horario como distribución del tiempo, régimen de trabajo y jornada"

Desde a CIG Administración de Ourense afirman que, "unha vez máis, temos que ver como deben ser os tribunais os que corrixan as decisións arbitrarias e inxustas do Presidente da Deputación de Ourense, que pensa que a democracia, e a xestión dunha empresa pública consiste en decretar actuacións que non están informadas previamente polos responsábeis correspondentes".

Volver