Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O Xulgado do Social recoñece que a Deputación de Ourense cede traballadores/as de xeito ilegal

28 Dec 2010

A sentenza considera tamén que a institución provincial e o Concello de Xinzo vulneraron o dereito fundamental dun empregado á tutela xudicial efectiva

Esta sentenza, subliña o Secretario de Formación da CIG, Anxo García Torres, apunta directamente “a un comportamento dobremente irregular que vén protagonizando a Deputación Provincial de Ourense dende hai anos”.  Por unha banda, o xulgado declara ilegal, dende o prisma laboral, a cesión dun traballador contratado pola Deputación e prestado ao Concello de Xinzo da Limia, argumentando que as únicas empresas habilitadas para ceder traballadores/as son as ETTs.

Mais, pola outra, sinala García Torres, a anterior declaración vén destapar unha “práctica cotiá” do ente provincial que pode aparellar consecuencias máis graves que as laborais, por canto a cesión de traballadores/as a favor de determinados Concellos, da mesma cor política, sen concurso público e sen preservar o dereito dos demais Concellos a participar en pé de igualdade nesas “adxudicacións”, “como pouco, debe ser cualificada de inxusta dende o punto de vista da legalidade dos actos dunha autoridade pública que ten que garantir o principio de igualdade de oportunidades”.

O responsábel de Formación da CIG critica que o presidente da Deputación ceda traballadores/as a determinados concellos tanto polo feito de ser unha práctica prohibida pola lexislación laboral, como porque, aínda que estivera permitida, todos os concellos, con independencia de quen os goberne, teñen igual dereito a obter este tipo de beneficios da institución provincial por medio dos procedementos deseñados na Lei de Contratos do Sector Público.

“Non pode o Presidente da Deputación seguir a facer adxudicacións directas de traballadores/as sen garantir o principio de Igualdade de todos os Concellos da Provincia e, xa que logo, de todos os cidadáns/as”, denunciou.

García Torres adiantou que este non é o único caso de cesión ilegal de traballadores/as da Deputación de Ourense detectado pola central sindical, co agravante, ademais,  de que estas prestacións se realizaron tras ter sido previamente adxudicadas subvencións para a contratación dos operarios/as cedidos pola Xunta de Galiza á propia Deputación Provincial. 

Volver