Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº 1 DE VERÍN ACORDA INCOAR DILIXENCIAS PREVIAS PARA INVESTIGAR OS ACCIDENTES DE TRABALLO NAS OBRAS DO AVE

01 Feb 2018

A titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Verín ven de tomar a decisión

A titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Verín ven de tomar a decisión, por Auto do día 29/01/18, de incoar Dilixencias Previas para a investigación dos accidentes de traballo na liña do AVE, en base á denuncia interposta pola Unión Local da CIG de Verín e A Limia no seu día.

Entende a xuíza, Loreto Carro Márquez, no FD 1º do seu Auto, que os feitos denunciados pola central sindical “presentan características que hacen presumir la posible existencia de delito de CONTRA LOS DERECHOS DE LOS TRABAJADORES, cuya instrucción corresponde a este órgano judicial, según los artículos 14.2 y 15 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal, y demás normativa concordante”.

Ademais, ordena a xulgadora, como primeira Dilixencia a practicar, que se requira á Inspección de Traballo e Seguranza Social d’Ourense para que remita ao Xulgado copia dos expedientes tramitados e actas de inspección e/ou infracción levantadas con ocasión dos accidentes de traballo que se indican na denuncia.

A partires da incoación das Dilixencias de Investigación a CIG, que fai parte do proceso en cualidade de acusación popular, solicitará á instrutora a práctica de novas dilixencias de investigación que se irán dando a coñecer no seu momento, entre as que van estar a citación a prestar declaración dos responsábeis das UTEs adxudicatarias dos treitos do AVE en Ourense e, mesmo, os responsábeis do Ministerio de Fomento.

Volver