Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O XULGADO CONTENCIOSO Nº 1 DE OURENSE ANULA A OPOSICIÓN POLA QUE SE ADXUDICARON AS PRAZAS DE LETRADA E ADMINISTRATIVA DO CONCELHO DE XINZO DE LIMIA

24 Xul 2014

O 23/07/14 foi publicada a Sentenza, pola que se reproba a actuación do Alcalde de Xinzo, por dirixirse a beneficiar a achegados políticos e familiares

O Xulgado do CA nº 1 de Ourense ven de dar xusto no centro da diana do sistema selectivo promovido dende hai anos pola Deputación Provincial de Ourense, ao publicar umha agardada sentenza na que responsabiliza ao Alcalde de Xinzo de Limia de conformar un tribunal selectivo a medida, ateigado de cargos do Partido Popular, pra beneficiar as adxudicatarias de 2 prazas: letrada e administrativa, tamén afíns a tal partido político.

De sentenza histórica se podería cualificar a resolución publicada polo Maxistrado: Francisco de Cominges, titular do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense. Non só anula, nun proceso selectivo cheo de irregulariedades, as prazas adxudicadas a dúas persoas afíns ao Partido Popular; senón que critica, con toda a razón, que estas prácticas non son de recibo nun sistema que pretende promover o principio de igualdade de oportunidades entre os cidadáns/ás.

A transcedencia da Sentenza Xudicial é de tal calibre que poderá alegarse, no momento no que sexa firme, pra combater a practica, da Deputación Provincial de Ourense, de designar Tribunais, pra rexer os procesos de contratación nos Concelhos da Provincia, ateigados de cargos políticos do Partido Popular. 

O Presidente do Partido Popular en Ourense, senhor Baltar, ten a oportunidade de pór en marcha as normas sobre transparencia e boas prácticas na Administración que, nos últimos días, nos ten anunciado. É urxente, que depure as responsabilidades por este tipo de comportamentos, incluídas as súas proprias, que atentan contra o principio de igualdade de oportunidades dos cidadáns/ás. O dereito a participar nos procesos selectivos e a obter as prazas convocadas polas AAPP debe rematar de ser couto vedado de certos suxeitos que tenhen como común denominador a afinidade ideolóxica.

 

Volver