Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Sentenza do Xulgado Contencioso nº 2
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O XULGADO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE OURENSE SINALA QUE A ACTUACIÓN ANTISINDICAL DO CONCELHO DE VERÍN PODERÍA SER CONSTITUTIVA DE DESVÍO DE PODER E, MESMO, DUN DELICTO DE PREVARICACIÓN

01 Xul 2014

O alcalde-senador, Jiménez Morán, suma e segue. 6ª condena ao Concelho de Verín, por violación de dereitos fundamentais: neste caso do dereito á liberdade de expresión

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense ven de publicar a súa sentenza nº 120/2014, pola que, acolhendo un recurso contencioso interposto pola CIG, declara nulo o Decreto da Alcaldía do Concelho de Verín de 13 de Febreiro do 2014, que proibiu á CIG, durante o pasado entroido, a colocación de pancartas de protesta contra a proposta do goberno de restrinxir o dereito ao aborto das mulheres.

Por 6ª vez consecutiva o senador Jiménez Morán recibe a reprobación dos xulgados, por violar, as accións do seu goberno, os dereitos fundamentais dos trabalhadores/as e da CIG, neste caso o de liberdade de expresión. Fagamos memoria do que tenhen resolto os Tribunais:

O 12 de Maio do 2011, o Xulgado Contencioso nº 1 d'Ourense (PEPDF 20/2011), estimando o recurso interposto pola CIG, anulou un Decreto do Alcalde de Verín, polo que se prohibía á CIG o uso de megafonías pra difundir a folga xeral do 27/01/11. A causa da anulación foi a violación dos dereitos fundamentais á liberdade de expresión e á liberdade sindical.

O 26 d’Outubro de 2011, a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, declarou a nulidade do Orzamento Xeral do Concelho de Verín, do exercicio 2009, por violación, neste caso, do dereito á negociación colectiva e á liberdade sindical da CIG.

O 30 d'Outubro de 2013, o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense (PEPDF 379/2012), anulou un Decreto do Alcalde de Verín, por violar o dereito á liberdade de expresión da central sindical, ao ordear a retirada imediata de varias pancartas.

O 28 de Xaneiro do 2014, o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense (P.O. 351/2010), anulou o Orzamento Xeral do Concelho de Verín pro exercicio 2010, obrigando á institución a resolver as alegacións da CIG e a reconvocar o pleno de aprobación orzamentaria, ao ter violado o dereito á liberdade sindical e á negociación colectiva

O 19 de Febreiro do 2014, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (P.O. 84/2012) anulou o Orzamento Xeral do Concelho de Verín pro exercicio 2011, obrigando á institución a resolver as alegacións da CIG e a reconvocar o pleno de aprobación orzamentar, ao ter violado o dereito á liberdade sindical e á negociación colectiva.

Agora, o Xulgado de Ourense, dando un paso adiante, declara na súa sentenza do 24 de xunho do 2014 (DF 49/2014), textualmente que: "...en el presente supuesto nos encontramos con dos hechos agravantes que ponen de manifiesto una conducta que podía ser constitutiva de una desviación de poder e incluso de un delito de prevaricación".

Así as cousas e dada a reiteración da conduta do Grupo de Goberno do Concelho de Verín, esta central sindical, umha vez sexa firme a sentenza que se fai pública, procederá a presentar denuncia penal ante o Xulgado de Instrución de Verín, co obxecto de que se investigue e se determine se, como pensa o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense, as accións contrarias aos dereitos fundamentais dos trabalhadores/as, protagonizadas polo Alcalde Senador de Verín e o seu grupo de goberno, poden ser constitutivas dun delito de prevaricación ou, mesmo, dun delito contra a liberdade dos trabalhadores/as, tipificado no artigo 315 do Código Penal. Literalmente:

Serán castigados coas penas de prisión de seis meses a tres anos e multa de seis a doce meses os que mediante engano ou abuso de situación de necesidade, impidisen ou limitasen o exercicio da libertad sindical ou o dereito de folga.

Lembremos que por este último delito, o do artigo 315 do Código Penal, están a ser castigados, coa máxima dureza, trabalhadores e trabalhadoras polo simple feito de participar en pequenos incidentes producidos en distintas convocatorias de folga. Esperemos que, presentada a denuncia pola CIG, a Fiscalía non mude o criterio que está a aplicar aos trabalhadores/as; ao tratarse, agora, de accións cometidas por dirixentes do Partido Popular.

Volver