Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O XULGADO DECLARA A NULIDADE DOS ORZAMENTOS DO CONSORCIO DE BOMBEIROS DO 2017

22 Feb 2018

Da a razón a CIG, que reclamaba vulneración do dereito a liberdade sindical

O xulgado do contencioso administrativo nº 2 de Ourense, en sentenza núm 24/2018 con data 20 de febreiro, ven de dar a razón a CIG que reclamaba vulneración do dereito a liberdade sindical, referida a negociación colectiva, por parte da Deputación Provincial de Ourense, ao non ter convocado as centrais sindicais para negociar as cuestións relativas ao persoal, no exercicio orzamentario de 2017.


O 24 de febreiro de 2017 o plenario da Deputación acordou desestimar a reclamación interposta pola CIG, por falta de negociación colectiva, contra a aprobación inicial do orzamento 2017 do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra incendios e de Salvamento. A alegación da Administración fundou en que non sería preciso convocar a mesa xeral de negociación por estar conformado o Consorcio exclusivamente por persoal laboral e, polo tanto, non ser de aplicación o establecido no artigo 36.3 do EBEP, que, segundo a Deputación, só obrigaba a negociar as cuestión de persoal relativas ao persoal funcionario.


O xuíz, porén, estimando a demanda da CIG, entendeu que o artigo 37 do EBEP establece unha serie de materias comúns a todos os empregados públicos sen excepción (laborais, funcionarios e estatutarios) e que, tal ámbito funcional, obriga a negociación con independencia do colectivo de traballadores/as a que se refiran: laborais, funcionarios ou estatutarios.


En conclusión, mais una vez, un xulgado estima un recurso contencioso administrativo da CIG contra actuacións da Deputación Provincial, relativas ao Consorcio de Bombeiros e, niste caso, condena ao Consorcio a convocar a Mesa Xeral de Negociación a fin de iniciar un proceso negociador coas centrais sindicais, relativos as cuestións de persoal do exercicio 2017.

Volver