Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O XULGADO CONDENA DE NOVO AO CONCELHO DE VERIN

21 Nov 2018

Estima novamente os argumentos esgrimidos pola CIG

O pasado 15 de novembro do 2018 o Xulgado Social nº 3 d'Ourense publicou a súa sentenza nº 548/2018 pola que, dando a razón á CIG, estimou a pretensión da central sindical relativa a que os COMPLEMENTOS DE POSTO que percibe todo o persoal laboral municipal (mais de 100 trabalhadores/as) deben estar dotados coa mesma retribución dotada para os COMPLEMENTOS DE DESTINO cos que se equiparan, e que percibe o persoal funcionario.

A CIG adevertiu ao actual grupo de Goberno, en 2017, da discrepancia anterior: o Complemento de Posto do persoal laboral non concordaba, na súa retribución, co Complemento de Destino, co que estaba equiparado, do persoal funcionario. A resposta do actúa Grupo de Goberno foi a de sempre: primeiro, desinteresarse do asunto e logo negarse a ver unha cuestión de "puro" cálculo matemático.
 
A actitude municipal de negarse a negociar e olhar o que todo o mundo olha conduciu á CIG, un ano despois, a presentar demanda de Conflito Colectivo perante a xurisdición social, a fin de que foran os xuíces quen, interpretando a RPT municipal, decidiran se a postura da CIG era a correcta ou, se pola contra, a correcta era a do Concelho de Verín.
 
Pois ben, a postura correcta resultou ser a do noso sindicato e isto vai implicar que mais de 100 trabalhadores/as, aproximadamente, tenhan dereito a percibir un Complemento de Posto superior en, aproximadamente, 100 € mes (media) e os atrasos correspondentes ao 2 anos..En cómputo global o Concelho de Verín vai ter que afrontar o pagamento dumha cantidade que oscila entre 100.000 e 150.000 euros para dar cumprimento á sentenza.
 
É certo que, o Concelho aínda pode presentar recurso de suplicación fronte a esta sentenza, mais non é menos certo que, dadas a características extraordinarias dise recurso, lle sería moito melhor negociar coas centrais sindicais o pagamento a que foi condenado, porque de interpor recurso e perder aínda tería que pagar os xuros do montante total, co desfase que iso vai producir nas contas municipais.
 
A CIG convida ao grupo de goberno do Concelho de Verín, tras mais de 6 sentenzas de diversas materias de persoal perdidas, a reflexionar sobre o que están facendo cos trabalhadores e trabalhadoras municipais, porque, de seguer así, as consecuencias que hoxe son laborais e económicas, poden tornar en calquera momento a consecuencia doutra índole dada a reiteración e incumprimento das normas polo grupo de goberno.

Volver