Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O XULGADO CONDENA AO CONCELLO DE VERIN A NEGOCIAR CRITERIOS OBXETIVOS PARA O REPARTO DA PRODUTIVIDADE

05 Nov 2021

O Alcalde e a Concelleira de Persoal teñen distribuido, sen criterio obxetivo nengún, mais de 350.000 euros en produtividade dende o ano 2016

A demanda interposta pola CIG, contra a inexistencia de criterios de reparto obxetivo do complemento de produtividade e do complemento de especial dedicación no Concello de Verin, ven de ser estimada polo Xulgado CA 2 de Ourense, nos termos solicitados pola CIG. Os seguintes:

a) A sentenza non afeta as cantidades percibidas até agora polos funcionarios/as e laborais por petición da CIG e por non ser un problema deles senon do Grupo de Goberno

b) Condenan ao Cocello a negociar coas centrais sindicais uns criterios obxetivos para o reparto de ambos complementos

c) Condenan ao Concello a pagar as custas do proceso.

O Xuíz ademais di que atuacións diste estilo poderían incorrer en prevaricación, mais opta por non denunciar diretamente na Fiscalía porque argumenta que non dispón de probas sobre cada caso concreto de reparto dos complementos de produtividade e especial dedicación.

En definitiva, o xuíz non formula denuncia por prevaricación contra os rexedores de Verín, mais abre a porta á intervención do Ministerio Fiscal ao sinalar, literalmente: "dando paso a una potencial arbitrariedad, en una actuación que bien pudiera ser constitutiva de prevaricación".

A CIG vai estudar a posibilidade de solicitar á Fiscalía a súa intervención, para que o Ministerio Fiscal poida realizar a investigación oportuna.

Finalmente, informamos que esta situación de reparto de produtividade sen criterios ven sucedendo dende o ano 2016, malia aos avisos da CIG e tendo sido distribuidos, nos complementos de produtividade e especial dedicación, mais de 350.000 euros.

Volver