O xulgado anula o decreto do alcalde de Verín que prohibiu á CIG o uso de megafonía para difundir a folga xeral do 27-X
A sentenza establece que a decisión de Jiménez Morán vulnera o dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, sindical e de folga
A decisión xudicial chega despois do recurso presentado pola CIG que xa motivara a suspensión cautelar do decreto do 13/01/11 mediante o cal o Concello de Verín rexeitara a solicitude feita pola central nacionalista no sentido de poder publicitar mediante megafonía a convocatoria de folga xeral do vindeiro 27 de xaneiro. O rexedor do PP apelara á ordenanza municipal sobre civismo, uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística para argumentar a negativa, que foi comunicada mediante o decreto asinado polo propio alcalde, que foi inmediatamente recorrido pola CIG mediante a presentación dun contencioso-administrativo.
Dende a Unión Local da CIG de Verín consideran que a acción de goberno de Jiménez Morán “semella máis a imposta por gobernos unipersoais doutras épocas históricas que a actuación democrática que se lle supón a un político escollido polos cidadáns”.

