O TSXG ESTIMA OS RECURSOS DA CIG SOBRE AS PAGAS EXTRAS DOS TRABALHADORES/AS LABORAIS DA ADMON LOCAL E INCREMENTA O SEU PERÍODO DE 44 a 195 DÍAS
Dende hai uns días a Sala do Social do TSXG ven avalando os recursos interpostos pola CIG contra algunhas sentenzas ditadas polo xulgado social nº 2 de Ourense
Dende hai uns días a Sala do Social do TSXG ven pronunciándose sobre os recursos interpostos pola CIG contra algunhas sentenzas ditadas polo xulgado social nº 2 de Ourense, en base ás que tal órgano xudicial, contra o ditaminado polo resto dos xulgados ourensaos, entendeu que o período pra xeración da paga extra de Nadal do 2012 se había restrinxir a 44 días e non a 195 días, como solicitaba a central sindical.
Os pronunciamentos actuais do TSXG están a avalar os argumentos da CIG, en relación con que os trabalhadores/as laborais dos Concelhos deben percibir, polo menos, a parte da Extra de Nadal do 2012, xerada entre o 1/1/2012 e o 14/7/2012 (195 días).
En consecuencia, as demandas interpostas pola CIG de Verín e A Limia, en reclamación da paga extra de Nadal do 2012, produciron que os trabalhadores/as, abranguidos por elas, obtiveran o dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra de Nadal do 2012, cun período de xeración de 195 días; fronte ás demandas interpostas por outros, que acadaron o dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra de Nadal do 2012, cun período de xeración de 44 días.
Por exemplo, os traballadores/as laborais do Concello de Verín, Maceda e outros, defendidos pola CSIF, conseguiron 44 días da parte proporcional da paga extra de Nadal 2012, mentres os traballadores/as laborais da Mancomunidade de Concellos de Verín, os Concellos de Castrelo do Val, Oímbra, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, etc., defendidos pola CIG, conseguiron 195 días da parte proporcional da mesma paga extra de Nadal 2012.
|
OBTIDO POR OUTROS SINDICATOS |
OBTIDO POLA CIG |
|
Procesos contra os Concelhos de Maceda, Verín e outros. |
Procesos da CIG contra os Concelhos de Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Mancomunidade de Verín e 11 mais |
|
Sistema de cálculo Outros: 1 paga extra cada 180 días 1 paga do 01/06 ao 30/11 (paga xulho) 1 paga do 01/12 ao 31/05 (paga nadal) |
Sistema de cálculo CIG: 2 pagas extras cada 365 días 1 paga do 01/07 ao 30/06 (paga xulho) 1 paga do 01/12 ao 31/12 (paga nadal) |
|
Resultados Outros: Os trabalhadores/as ganhan o dereito á parte proprocinal da Paga Extra de Decembro 12, xerada entre 1/6/12 e 14/7/12 (44 días) |
Resultados CIG: Os trabalhadores/as ganhan o dereito á parte proprocinal da Paga Extra de Decembro 12, xerada entre 1/1/12 e 14/7/12 (195 días) |
|
Exemplo práctico: Valor 1 Paga Extra = 1000 € Cantidade obtida: 44 días : 180 días = 0,24 0,24 x 1000 € = 240 € |
Exemplo práctico: Valor 1 Paga Extra = 1000 € Cantidade obtida: 195 días : 365 días = 0,53 0,53 x 1000 € = 530 € |

