Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O TSXG DÁ A RAZÓN Á CIG E CONDENA A EP SEAGA

05 Mai 2021

Debe retornar @s traballador@s os 8 días de permiso retribuído descontados das vacacións de 2020

Coma sempre houbo ser a CIG a central que conseguiu que todos os/as brigadistas da EP SEAGA, S.A. ollaran garantidos e defendidos os seus dereitos laborais fronte a decisións arbitrarias adotadas pola Direción Empresarial, coa inestimábel achega de certas centrais sindicais colaboracionistas. Niste caso, falamos do dereito ao goce íntegro das vacacións e dos asuntos proprios.

Os antecedentes do caso que facemos público foran os seguintes:
a) Durante o período de confinamento (2020) o Goberno impuxo o goce dun permiso retribuído de 8 días aos/ás traballadores/as da maioría dos sectores de atividade, a recuperar no ano 2020.
b) A EP SEAGA colocou en situación de permiso ás súas brigadas de tarefas preventivas s, rematado o permiso, encetou unha negociación coas OOSS pra recuperación dos 8 días.
c) A proposta da EP SEAGA, S.A. consistiu en descontar aos afetados/as: 7 días das súas vacacións e 1 día do seu cupo de asuntos proprios, co obxeto de recuperar os 8 días concedidos.
d) CCOO votou a favor da proposta da empresa, UGT: abstivo-se e a CIG votou en contra; a alegar que os brigadistas constituían un servizo esencial excluído do permiso retribuído.
e) A negociación rematou sen acordo, grazas ao voto da CIG, e a Direción da Empresa impuxo a todos os brigadistas o desconto de 7 días das súas vacacións e 1 día da cota de asuntos proprios.
f) O noso sindicato interpuxo demanda de conflito coletivo no TSXG contra a EP SEAGA, S.A. e en reclamación do retorno dos 8 días descontados improcedentemente das vacacións e asuntos proprios do ano 2020 aos brigadistas afetados/as.
O resultado da demanda coñecemo-lo hai uns días. O TSXG, estimando-a e a dar a razón á CIG, declara a nulidade da decisión da SEAGA e o dereito dos brigadistas a gozar das vacacións e asuntos proprios do 2020 íntegras e sen descontos.
En consecuencia, dende a CIG informamos, a todos/as os brigadistas afetados/as, que imos proceder do seguinte xeito de cara a que nos retornen o que é de noso:
1º) Imos solicitar unha reunión urxente coa Direción da EP SEAGA, SA. para coñecer se prefire retornar-nos voluntariamente o que nos descontou o se, pola contra, prefire que o retorno sexa imposto polo Xulgado.
2º) Se pasados 15 días, desque solicitemos a reunión, a EP SEAGA non a convoca ou non nos dá unha resposta conforme coa sentenza xudicial, a CIG iniciará unha campaña, entre todos os afetados/as, para executar a Sentenza e que sexa o Xulgado quen obrigue á empresa a conceder-nos 8 días libres durante o 2021 ou a compensa-los, en caso de imposibilidade de goce, coa indemnización económica equivalente.
Se a sentenza for recorrida pola EP SEAGA estudariamos a posibilidade de execución provisional da mesma.

Volver