Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O TSXG DÁ A RAZÓN Á CIG E ANULA AS PRAZAS DE LETRADA E ADMINISTRATIVA DO CONCELHO DE XINZO DE LIMIA

19 Xun 2015

A CIG ven de solicitar umha reunión urxente da Mesa Xeral de Negociación pra esixir o cumprimento imediato dos falhos xudiciais

Tal e como denunciou a CIG no seu día os Tribunais das oposicións de letrada e Administrativa do Concelho de Xinzo de Limia estaban CONTAMINADOS por militantes do Partido Popular pra outorgarlhe ambas prazas a determinadas persoas afíns, violando o dereito á igualdade de todos os cidadáns e cidadás.

As decisións do tribunal, composto polo actual Alcalde de Monterrei e varios concelheiros e militantes do Partido Popular, venhen de ser reprobadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que, a maiores, declarou que o recén eleito Alcalde de Xinzo de Limia incorreu nun novo DESVÍO DE PODER.

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia solicitou, hoxe pola manha, a reunión da Mesa Xeral de Negociación do Concelho de Xinzo de Limia, pra esixir o cumprimento imediato da resolución xudicial.

Se queres ler a Sentenza preme no PDF

Volver