Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Xabier Rodriguez. Sec Admon Local CIG

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza

PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA RATIFICA O DEREITO DOS TRABALHADORES E TRABALHADORAS DOS CONCELHOS AO COBRO DE 195 DÍAS DA PAGA EXTRA DE 2012

20 Dec 2014

A sala do Social do TSXG confirma os argumentos da CIG de Verín e A Limia, fronte a sindicatos como a CSIF que reclamaron 44 días, no canto de 195

A sala do social do TSXG ven de pronunciarse, hai uns días, sobre umha das reclamacións das pagas extras, de decembro do 2012, do persoal laboral dos Concelhos sen convenio colectivo proprio. Tal pronunciamento avala os argumentos da CIG, en relación con que os trabalhadores/as laborais dos Concelhos deben percibir, polo menos, a parte da Extra de Nadal do 2012, xerada entre o 1/1/2012 e o 14/7/2012 (195 días).

A decisión do alto Tribunal Galego confirma, ademais, que, sindicatos como a CSIF “meteron a zoca” estrepitosamente, nas reclamacións que interpuxeron da paga extra de nadal 2012, ao demandar só a parte xerada entre o 1/6/2012 e o 14/7/2012 (44 días), prexudicando a ducias de trabalhadores/as laborais dos Concelhos.

Aclaremos o asunto e olhemos o que conseguiu a CIG e o que conseguiu a CSIF:

OBTIDO POLA CSIF

OBTIDO POLA CIG

Procesos da CSIF contra os Concelhos de Maceda, Verín e outros.

Procesos da CIG contra os Concelhos de Xinzo de Limia, Viana do Bolo e 12 mais

Sistema de cálculo CSIF:

1 paga extra cada 180 días

1 paga do 01/06 ao 30/11 (paga xulho)

1 paga do 01/12 ao 31/05 (paga nadal)

Sistema de cálculo CIG:

2 pagas extras cada 365 días

1 paga do 01/07 ao 30/06 (paga xulho)

1 paga do 01/12 ao 31/12 (paga nadal=

Resultados CSIF:

Os trabalhadores/as ganhan o dereito á parte proprocinal da Paga Extra de Decembro 12, xerada entre 1/6/12 e 14/7/12 (44 días)

Resultados CIG:

Os trabalhadores/as ganhan o dereito á parte proprocinal da Paga Extra de Decembro 12, xerada entre 1/1/12 e 14/7/12 (195 días)

Exemplo práctico:

Valor 1 Paga Extra = 1000 €

Cantidade obtida CSIF:

44 días : 180 días = 0,24

0,24 x 1000 € =240 €

Exemplo práctico:

Valor 1 Paga Extra = 1000 €

Cantidade obtida CIG:

195 días : 365 días = 0,53

0,53 x 1000 € =530 €

Agora que sigan dándolhe o parabén, nos Concelhos, ao Partido Popular, mentres cada día se perden mais dereitos e postos de trabalho na Administración local.

 

Volver