Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O SECRETARIO DA UNIÓN LOCAL DA CIG DE VERÍN E O DELEGADO DE PERSOAL DO PARQUE DE BOMBEIROS, REÚNENSE CO PRESIDENTE DA DEPUTAClÓN PARA TRATAR SOBRE O FUTURO DO SERVIZO COMARCAL DE BOMBEIROS DE VERÍN

25 Abr 2014

A reunión mantívose o pasado 22 de Abril na Presidencia da Deputación de Ourense

O pasado martes, día 22 de abril, celebrouse umha xuntanza, na sede da Deputación Provincial de Ourense, entre o Secretario da Unión Local da CIG-Verín, Luís Ferreiro, o Delegado de Persoal e representante dos trabalhadores do Parque de Bombeiros de Verín e o Presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar, co obxecto de tratar temas relativos ao futuro do servizo de bombeiros comarcal.

Na devandita reunión a CIG e o Delegado de Persoal do Parque de Verín fomuláronlhe ao Presidente da Deputación diferentes cuestións relacionadas co funcionamento do Parque de Bombeiros Comarcal, entre as que cómpre pór en destaque as seguintes:

*  As dúbidas dos trabalhadores/as e da propia cidadanía en relación coa constitución do novo Consorcio Provincial de Bombeiros/as.

* A falha de concreción das condicións de incorporación ao futuro Consorcio dos Bombeiros/as provincial dos trabalhadores/as dos parques comarcais.

* A falta de coordinación existente entre os distintos entes administrativos en materia de salvamento na comarca de Verín que esta a marxina aos bombeiros de Verín.

* A enorme contía das taxas que deben pagar os vecinhos e vecinhas que requiren os servizos do Parque de Bombeiros, feito este que leva a que se prescinda da intervención dos bombeiros, mesmo en situación de perigo, etc.

O Presidente da Deputación comprometeuse a estudar as propostas feitas e a manter umha canle de información permanente sobre as novidades a respeito da constitución do órgano provincial.

Volver