Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O persoal do Concello de Verín reclama retomar a negociación do convenio

10 Feb 2009

Concentráronse dianta da Casa Consistorial

O persoal do Concello leva desde finais do 2007 agardando a negociación dos convenios colectivos destes traballadores e traballadoras “sen que até a data o Alcalde do Concello de Verín fixeran outra cousa que dilatar, atrancar e, mesmo, mentir para evitar chegar aos acordos que, lexitimamente, demanda o persoal”, engaden desde a CIG de Verín.

A falla dos novos convenios, os anteriores venceron en decembro de 2007, está a provocar que os traballadores/as laborais do Concello continúen padecendo o problema da discriminación que supón cobrar distintos salarios base, aínda estando encadrados na mesma categoría profesional.

No que se refire ao persoal funcionario, concretamente no caso da policía local, o Concello non está dando cumprimento á Lei de Coordinación da Policía local, unha cuestión de grande importancia para este colectivo.

Nunha folla informativa, repartida entre os traballadores e traballadoras deste concello, a CIG chama a mobilizarse coas seguintes palabras: "dá un paso á fronte e reclama coa CIG unha negociación colectiva real e xusta para todo o persoal do Concello de Verín, así como mobilízate para rematar coas práticas sindicais dun alcalde dedicada a reprimir a todos e todas as que non pensan como el".

Volver