A MANCOMUNIDADE DE VERÍN OFERTA UN POSTO DE TRABALLADOR OU TRABALLADORA SOCIAL
É un contrato de tres meses de duración
A Mancomunidade de Municipios da comarca de Verín fai pública no BOP do 25 de maio a convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Decreto da Presidencia do 20/05/2021
Número de prazas: 1
Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo determinado a tempo completo
Duración do contrato: tres meses
Denominación do posto: traballador/a social da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BoletínOficial da Provincia de Ourense; no Rexistro Xeral da Mancomunidade na R/ O Castro, 4, baixo-esquerda, 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas; ou por calquera medio admitido en dereito.
Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de edictos, na sede electrónica e na web da mancomunidade (www.mancoverín.es).
Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios, na sede electrónica e na web da Mancomunidade. (www.mancoverin.es).

