O LUNS DE ENTROIDO É DÍA NON LABORAL NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN EN OURENSE
06
Feb
2018
Asinouse un acordo parcial da comisión negociadora
Hoxe martes día 6 de febreiro, despois das reiteradas peticións da CIG Construción, a comisión negociadora tomou o acordo de que o vindeiro LUNS 12 DE FEBREIRO (luns de entroido) SEXA DÍA NON LABORAL PARA O SECTOR DA CONSTRUCIÓN EN OURENSE.
Iste día entenderase como desfrutado, e a conta do total dos días de convenio que se pactarán na vindeira reunión, para fixar definitivamente o calendario do sector no 2018.

