O LUNS 24 DE NOVEMBRO REINÍCIASE A NEGOCIACIÓN COLECTIVA NO CONCELHO DE XINZO DE LIMIA
Logo de varios meses sen saber do Grupo do Goberno do Concelho de Xinzo, o 24 de Novembro celebrarase umha nova reunión de negociación colectiva
Tras o requirimento da CIG, no vrau pasado, pra retomar a negociación do Convenio Colectivo do Persoal Laboral, das Bases de Contratación de Persoal Temporal e da Relación de Postos de Trabalho; tivo que producirse a anulación, polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de 2 das 3 normas anteriores, pra que o Goberno de Antonio Pérez se decatase do valor da negociación.
Imos comprobar o luns 24 se, por fin, o Goberno limiao interiorizou a mensaxe que lhe levamos transmitindo os trabalhadores/as e a CIG dende o ano 2011. A imposición remata revirando contra quen a exerce !


