O INORDE OFERTA UNHA PRAZA DE ANALISTA
É para o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia
O Inorde publica no BOP do sábado 17 de setembro a convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia, segundo Decreto da Presidencia do Inorde con data 16 de setembro de 2016 da praza de analista (subgrupo A2) para o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia do Inorde. O tipo de contrato será de interinidade, tendo unha duración máxima de 3 meses. O procedemento selectivo será o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido no artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP do 1 de agosto de 2014). O perfil requirido para a contratación serán calquera dos títulos universitarios de grao en Bioloxía, Enxeñería de Químicas, Químicas, Enxeñería Técnica Agrícola, Enxeñería Agrónoma, ou equivalentes, e experiencia mínima acreditada de 2 anos en laboratorios de ensaio dedicados a análise de solos. O prazo para a presentación de instancias é 3 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia ao número de fax (988 317 502) á espera de recibir o orixinal por correo ordinario. @s interesad@s deberán presentar, ademais da titulacióno currículo profesional que xustifique que dispoñen da debida cualificación para o desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato, así como os méritos que estimen oportuno alegar.

