Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O grupo BA Vidro recoñece que o peche da Vidreira do Atlántico non responde a causa económica algunha

11 Xan 2010

Admite que o concurso de acredores constitúe un defraudamento de lei

Así, constátase que non existe mais causa económica no concurso de acredores presentado pola Vidreira do Atlántico e polo Grupo BA Vidro que a decisión de transladar a produción da factoría limiá a outras do Grupo. Iso sí, todo emburullado baixo o mantra permanente do "malos malísimos" que son os traballadores e traballadoras de Xinzo e do "diabólica" que é a CIG.

Retirar unha porcentaxe da produción

Como asegurabamos, nada mais terse feito público o concurso de acredores, as intencións do Grupo BA teñen mais a ver con desfacerse da Vidreira do Atlántico, retirando do mercado unha porcentaxe da produción,que con nengún tipo de insolvencia da empresa de Xinzo.

Demostracións importantes para o proceso xudicial

Asi, segundo engaden desde este comunicado de prensa, as declaracións do sr. Presidente do Grupo BA demostran varias cuestións importantes para o futuro dos procesos xudiciais:

1.- Quen toma as decisións sobre a reversibildiade ou irreversibilidade da empresa de Xinzo, non é a Dirección da empresa de Xinzo, é a Dirección do Grupo BA Vidrio, porque esta, en realidade, conforma a administración de feito da Vidreira que, simplesmente, xoga unpapel de unidade produtiva na estrutura Grupal.

2.- A decisión de pechamento da factoría de Xinzo nada ten a ver cunha insolvencia da empresa e, xa que logo, o concurso de acredores é un fraude de lei, dirixido a pechar a factoría de Xinzo, sen afrontar o pagamento de todas as débedas e, ao contrario, presentándose o Grupo BA como acredor da Vidreira do Atlántico, por valor de 4.000.000 de euros, a ver se por riba tira tallada.

3.- Pola contra, segundo o manifestado polo Presidente do Grupo BA, a decisión de pechamento procurou represaliar aos traballadores e traballadoras de Xinzo da Limia, polo exercicio dos seus direitos fundamentais de liberdade sindical e folga.

Violación dos dereitos dos traballadores/as    

Aos traballadores e á central sindical CIG "non nos sorprenderon estes argumentos; son a constante que vimos soportando dende hai un ano. De facto, en Xaneiro do 2009, denunciamos ao Presidnete do Grupo BA perante a fiscalía de Ourense, polas mesmas razóns; aínda que este órgano considerou que non había indicios abondo como para pensar que o Grupo BA procurase violar os dereitos dos traballadores e pechar a empresa. Agardamos que agora na fiscalía xa poidan ollar eses indicios, con mais clareza".

Novas medidas e accións do Comité de Empresa e a CIG

Así as cousas, a Sección Sindical da CIG e o Comité de Empresa, perante a constatación da Dirección de feito do Grupo BA Vidro, S.A. sobre a V.A., S.A., do defraudamento de lei e da nulidade da acción concursal emprendida, teñen decidido adoptar as seguintes medidas:

1.- O luns dia 11 solicitaramos á Xuíza mercantil que cite a prestar declaración, no marco do concurso, aos Alcaldes de Xinzo e Baltar,así como ao Presidente do Grupo BA, a efectos de que confirmen e clarexen o dito na prensa sobre a real causa do concurso: a discriminación e represalia aos traballadores.

2.- Asemade, solicitarameos á Xuíza mercantil, que declare: a nulidade do concurso, por falta de causa real, a responsabilidade solidaria dos administradores da Vidreira do Atlántico e do Grupo BA Vidro, S.A. e que dea traslado da causa ao Xulgado Penal por se do actuado puidese deducirse algunha acción empresarial ilíicita contra os dereitos dos traballadores.

3.- A Asemblea de Traballadores concentrarase o próximo día 13 de Xaneiro, ás 11:00 horas diante do Pazo de Xustiza de Ourense, en reclamación ás institucións do Estado, Autonómicas e Xudiciais de abeiro para os dereitos fundamentais de liberdade sindical e traballo. Requiriremos que se actúe en defensa dos direitos das persoas e dos traballadores e que se proceda contra os que atentan contra o traballo por cuestións sindicais.

Volver