Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O Grupo Ba Vidrio S.A. paga a Caja Madrid unha débeda aquirida pola Vidreira do Atlántico S.A. por valor de 1.200.000 euros

22 Xul 2010

A CIG solicita a revogación da sentenza do xulgado do Social nº 3 de Ourense, segundo a que non habería responsabilidade solidaria entre ambas as sociedades

Anxo García Torres, representante da CIG e membro da súa executiva confederal, sinala que o asunto non pasaría de ser unha mera circunstancia interna das relacións entre empresa se non fora porque, previamente, o Xulgado do Social nº 3 de Ourense, “desoíndo as reclamacións sindicais” segundo as que a Vidreira do Atlántico S.A. conformaba unha mera liña produtiva do Grupo Ba Vidrio S.A, desestimou a demanda de máis de 70 traballadores que denunciaban que as súas relacións laborais non só dependían da Vidreira do Atlñantico S.A., senón tamén deste Grupo.

García Torres lembra que daquela, o Xulgado do Social nº 3 de Ourense, “non atopou, malia os 9.000 folios que formaban os autos, proba algunha que acreditase que o Grupo Ba Vidrio adquirira unha responsabilidade solidaria sobre a Vidreira do Atlántico”.

O representante da CIG considera que unha operación na que un grupo paga as débedas dunha empresa a un banco constata a existencia dunha relación patrimonial entre ambas as empresas.

Diante desta situación, informa da presentación dun escrito ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, solicitando que o documento presentado por Caja Madrid no Xulgado Mercantil de Ourense se teña en conta no momento de fallar a sentenza pendente, e a petición da revogación da sentenza ditada polo Xulgado do Social nº 3 de Ourense.

Volver