O GOBERNO CONVOCARÁ 10254 PRAZAS EN NOVEMBRO
Trátase da oferta de emprego público de 2019 e 2020
O pasado venres o BOE fixo pública a convocatoria das 10.254 plazas na que se aplica unha das medidas que presentou o ministro de Política Territorial e Función Pública, Miquel Iceta, esta semana para axilizar os procesos selectivos, que é a realización de dous exámenes, teórico e práctico, no mesmo día; isto permitirá acortar a duración do desenvolvimento das pruebas e evitar desprazamentos ás/ós opositores.
Destas prazas, están convocadas 3.803 prazas para o "Cuerpo General Administrativo de la Administración del Estado" (850 quenda libre, 2.950 promoción interna e 3 para estabilización) e 3.162 para o "Cuerpo General Auxiliar de la Administración del Estado" (650 quenda libre, 1.500 promoción interna e 1.012 estabilización).
En canto ao "Cuerpo de Gestión de la Administración Civil del Estado" convocaron 2239 (781 libres, 1.050 promoción interna e 408 estabilización) e 480 prazas para o "Cuerpo de Gestión de Sistemas e Informática de la Administración del Estado" (280 ingreso libre e 200 promoción interna).
Segundo o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, estas prazas corresponden a ofertas de emprego público de 2019 e 2020 e ás ofertas de estabilización de 2018. Os exámenes celebraranse en novembro.
O Ministerio de Función Pública publicou as novas orientacións para actualizar os procesos selectivos, pra adaptalos ó relevo xeracional, a irrupción da intelixencia artificial e ás novas necesidades de talento que require a Administración do século XXI.
Segundo o ministro, a idea é a de axilizar os procesos selectivos e que estas orientaciones se vaian aplicando de forma gradual deica a súa total implantación na Oferta de Emprego Público de 2025.
Iceta remarcou que estas orientacións para o cambio en materia de selección na AGE vanse concretar nun Plan Executivo, que será elevado á Comisión Superior de Persoal antes do 31 de decembro de 2021. Ademáis, dixo que aínda se quere garantir a súa plena efectividade no 2025, a idea é a de "ir acercándolo desde ya".
O ministro explicou que se van a simplificar as probas selectivas, a celebrar no mesmo día e xa non será de obriga que unha de elas se produza en Madrid, senón que haberá 19 puntos onde se realizarán ises procesos selectivos, "porque queremos que haxa unha igualdade real de acceso e que o resultado do acceso responda á diversidade social, territorial e de xénero".
Ademáis, destacou que se vai a potenciar o carácter práctico das probas e a promover a promoción interna "para romper coa idea de que entras na Administración e que te acabas xubilando na mesma praza".

