Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O GDR LIMIA-ARNOIA CREA UN PORTAL DE EMPREGO PARA O SECTOR PRIMARIO

30 Xun 2022

Nesa web atoparanse ofertas de emprego do rural e empresas con necesidades de candidatas/os

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Limia-Arnoia creou a mesa de emprego "Nó Rural"; un proxecto presentado no salon de plenos do concello de Xinzo de Limia o xoves 30 de xuño, ao que a CIG asistíu como convidada. O proxecto foi criado para dar potencialidade de traballo na rede, e busca novas oportunidades de emprego no sector primario. Asemade, o proxecto "Nó Rural", ven de lanzar o portal de emprego https://traballo.norural.gal/

O proxecto Nó Rural (https://norural.gal/) é unha iniciativa para o acompañamento da mocidade, para persoas menores de 30 anos que teñan interese nas oportunidades das áreas rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.

A través desta "rede" buscan animar a incorporación de persoas no sector primario, foméntase a emprenduría e mellora da empregabilidade, conectándose as empresas das áreas rurais e o talento da mocidade, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno do talento da xuventude.

Volver