Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

INFORME SOBRE A TRIBUTACIÓN DA MATERNIDADE NO IRPF

14 Dec 2016

Da as claves de como presentar a reclamación contra a tributación das prestacións por maternidade

Presentamos un Informe do Gabinete Técnico da CIG, no que, tras analizar a sentenza do TSX de Madrid, sobre a non tributación das prestacións por maternidade, se oferecen umha serie de recomendacións pra aqueles/as que queiran reclamar contra a tributaicón das prestacións por maternidade:

PREVIO:

1º.- O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (Sentenza da Sala do CA de 6 de xulho do 2016) determinou, nun caso concreto, que a prestación de maternidadeque satisfai a seguranza social está exenta do IRPF, criterio contrario ao aplicado pola Axencia Tributaria.

2º.- A sentenza do TSX de Madrid non senta xurisprudencia e, por tanto, non obriga a Axencia Tributaria a adoptar ise criterio: só é válido para o caso concreto axuizado.

3º.- Pra que ise decisión do xulgado de Madrid fose extensíbel a todo o Estado ou a Axencia Tributaria muda o seu criterio, a respeito da tributación das prestación por maternidade, ou o Tribunal Supremo se pronuncia no mesmo senso que o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Mentres non concorra algumha disas dúas circunstancias segue existindo, na práctica, a obriga de tributar ao IRPF polas prestacións de maternidade.

4º.- A Axencia Tributaria xa se ten pronunciado sobre a obrigatoriedade de tributar ao IRPF as prestacións por maternidade satisfeitas pola SS. Literalmente:

"Por tanto, las retribuciones satisfechas en forma de prestación por maternidad satisfechas por la Seguridad Social deben calificarse como rendimientos del trabajo, de acuerdo con lo dispuesto en la letra a) del apartado 2 del artículo 17 de la Ley 35/2006, de 28 de noviembre del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y de modificación parcial de las leyes de los Impuestos sobre Sociedades, sobre la Renta de no Residentes y sobre el Patrimonio, que establece que, en todo caso, tienen la consideración de rendimientos del trabajo las prestaciones percibidas de los regímenes públicos de la Seguridad Social, no siéndole de aplicación ninguno de los supuestos de exención previstos en la Ley 35/2006"

CRITERIOS DE ACTUACIÓN PRA QUEN DESEXE RECLAMAR:

1º.- Persoas que xa tenhan declarado, no IRPF dos últimos 4 exercicios (2012 a 2015), as prestacións por maternidade:

a) Presentar, perante a Axencia Tributaria, umha solicitude de rectificación da autoliquidación do IRPF do exercicio/s no que se declarase/n a/s prestación/s por maternidade:

https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/tramitacion/GZ28.shtml

b) Se, percorridos 6 meses desque se formulou a solicitude de rectificación, non houber resposta da Axencia Tributaria, entenderase desestimada a solicitude de rectificación, por silenzo.

c) Desestimada por silenzo, quen o desexe disporá de 1 mes mais (6 meses pra respostar e 1 mes pra recorrer) para interpor Recurso de Reposición ou  Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico  Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación por  silenzo, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

d) Se, pola contra, a Axencia Tributaria resolve expresamente a rectificación, desestimándoa, quen o desexe disporá de 1 mes mais (dende o día no que recibiu a resolución desestimatoria) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

2º.- Pras persoas que tenhan que declarar no exercicio 2016 (durante o 2017) no IRPF as prestacións por maternidade:

a) Presentar a Declaración da Renda de 2016, durante o período oportuno do 2017, tributando polas prestacións de maternidade percibidas durante o 2016. Quen non tribute polas prestacións, arríscase a que a AT lhe faga umha declaración paralela e lhe imponha a correspondente sanción por falta de tributación (xa dixemos que a AT non reconhece o dereito á exención).

b) Rexistrada a Declaración da Renda de 2016, debe presentarse, perante a Axencia Tributaria, umha SOLICITUDE DE RECTIFICACIÓN DA AUTOLIQUIDACIÓN DO IRPF do exercicio no que se declarase a prestación por maternidade:

https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/tramitacion/GZ28.shtml

c) Se, percorridos 6 meses desque se formulou a solicitude de rectificación, non houber resposta da Axencia Tributaria entenderase desestimada por silenzo a citada solicitude de rectificación.

d) Desestimada por silenzo, ao vencimento do 6º mes, quen o desexe disporá de 1 mes mais para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación por silenzo, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

e) Se, pola contra, a Axencia Tributaria resolve expresamente a rectificación, desestimándoa, quen o desexe disporá de 1 mes mais (dende o día no que recibiu a resolución desestimatoria) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

En Verín, a 7 de Decembro do 2016
Asdo. Manoel Anxo García Torres
Gabinete Técnico Xurídico

Volver