Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O DÍA 25 DE SETEMBRO OU VAS VOTAR PRA DESALOXAR AO PP DO PODER OU LOGO NON LAIES

21 Set 2016

A Comisión Executiva da Unión Local da CIG de Verín e A Limia ten acordado dirixirse a toda a súa afiliación pra expor as razóns polas que, o día 25 de Setembro, é imprescindíbel non ficar na casa e ir dar o voto a alternativas políticas que defendan os intereses do noso País, a fin de desaloxar do poder a un partido, o PP, que ten atacado sen complexos os dereitos dos mais desfavorecidos/as pra beneficiar ás capas mais poderosas da sociedade.

Tras mais de 8 anos de goberno de Feijoo e 5 de Rajoy a realidade que temos no noso País é que os traballadores/as, autónomos/as, estudantes, xubilados/as e calquera sector da sociedade que non pertenza as elites acomodadas e adiñeiradas ten experimentado na propia pel os efectos do que, o Partido Popular, chama demagoxicamente "la política moderada".

Isa "política moderada" do Partido Popular ten producido efectos como os seguintes:

* A consecuencia da Reforma Laboral de Mariano Rajoy e Feijoo os salarios do conxunto dos traballadores/as reducíronse un 40% a respeito dos salarios que había antes de chegar eles ao goberno.

* O desemprego, que viñan solucionar, medrou e, na actualidade, hai mais parados/as que na época de Zapatero e, por riba, moitos deles sen dereito a prestacións por desemprego.

* As prestacións por desemprego foron talladas até o extremo de que dos mais de 4.000.000 de parados só o 55% perciben algún subsidio, cando antes de Rajoy a porcentaxe ascendía ao 80%

* A emigración, que considerabamos como algo do pasado, floreceu cunha forza escandalosa, levando a marchar do noso País a ducias de milleiros de persoas novas.

* Os incendios forestais, que Feijoo prometía arranxar (lembra a mangueiriña), non só medraron brutalmente, senón que, por riba, hai sospeitas de que constitúan un negocio ben rendíbel para certas empresas.

* Os traballadores/as da Administración Pública e empresas públicas ollaron como as súas condicións laborais se precarizaban exponencialmente. Os traballadores/as das BRIF, SEAGA, SPDCIF que só teñen traballo durante 3 meses ao ano.

* O idioma galego foi atacado, nun calculado plano por facelo desaparecer. Moléstalles como falamos, porque non lle queren a este Pais e son uns acomplexados.

* Os casos de políticos do Partido Popular imputados, xulgados, condenados por corrupción conforman o pan noso de cada día e iso implica que, cada vez que rouban, nos están roubando a nós.

* Os impostos que ían  baixar, subiron como nunca, para pagar os rescates dos seus amigos da Banca. 22.000 millóns de euros regalados a BANKIA que pagamos todos/as.

* A sanidade feita anacos. A redución do diñeiro destinado á saúde ten provocado mortes por non pagarse certos medicamentos polo SERGAS.

CANTOS MAIS PAUS PRECISAS PRA TOMAR CONCIENCIA DE QUE NON PODEN SEGUER GOBERNANDO ? 

O DÍA 25 CADA PERSOA QUE NON VAIA VOTAR ESTÁ DANDO O SEU VOTO AO PARTIDO POPULAR NON O ESQUEZAS E, SOBRE TODO, LOGO NON LAIES !!!

Confederación Intersindical Galega

Volver