Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DOS BLANCOS OFERTA UN TOTAL DE 15 PRAZAS TEMPORAIS

11 Xul 2016

Son prazas para as brigadas antiicendios e para un/ha camareiro/a

O concello dos Blancos mediante resolución da alcaldía de data 6 de xullo de 2016, convoca 4 prazas de peóns para a brigada medioambiental, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso. No taboleiro de edictos do concello aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio (11/7/16). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do concello. A duración do contrato será de tres meses, en réxime de persoal
laboral temporal, de luns a domingo, en horario de mañá e tarde, e cunha retribución bruta de 620 € ao mes e unha xornada de 6 horas diarias

Do mesmo xeito, mediante resolución da alcaldía de data 5 de xullo de 2016, convocan 1 praza de camareiro para o bar da piscina municipal, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso. No taboleiro de edictos do concello aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do concello. A duración do contrato será de dous meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 e cunha retribución bruta de 450 € ao mes.

Tamén aprobaron por decreto de Alcaldía con data de 1 de xullo de 2016, as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a  actuación de brigadas de prevención e defensa. A denominación dos postos é a seguinte: 2 xef@s de brigada, 2 pións - condutor@s con carné B e 6 pións de brigada. A duración do contrato será de tres meses, e a clase de persoal: laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP (11/7/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Os Blancos en horario de oficina.

Volver