O CONCELLO DOS BRANCOS OFERTA TRES PRAZAS TEMPORAIS
Son para un/ha socorrista, un/ha monitor/a de tempo libre e un/ha profesor/a para o campamento de verán
O concello dos Brancos fixo públicas no BOP as convocatoria mediante resolucións da alcaldía con data 21 de xuño de 2016, de 1 praza de socorrista para a piscina municipal, 1 praza de profesor para o campamento de verán e 1 praza de monitor de tempo libre, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso. No taboleiro de edictos do concello aparecen íntegramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do concello. A duración do contrato para a praza de socorrista será de dous meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a domingo, en horario de 15.00 a 21.30 e cunha retribución bruta de 900 € ao mes. Para a praza de profesor/a para o campamento de verán a duración do contrato será de dous meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 e cunha retribución bruta de 650 € ao mes. No caso da praza de monitor/a de tempo libre, a duración do contrato será de dous meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 e cunha retribución bruta de 450 € ao mes.

