Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DOS BLANCOS OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS

02 Mai 2018

Son prazas pra pións e tractorista

O concello dos Blancos fai público no BOP do 2 de maio por decreto da alcaldía con data de 26 de abril de 2018, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de tres traballadores. As denominacións dos postos son dous/dúas pións e un/ha tractorista. A duración do contrato é de tres meses a trinta horas semanais, sendo a clase de persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é de tres días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Volver