O CONCELLO DOS BLANCOS OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son contratos de tractorista e pión forestal
O concello dos Blancos fai pública no BOP do 5 de marzo, por decreto da alcaldía, con data do 28 de febreiro de 2020, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dúas/dous traballador@s nos postos de pión forestal e tractorista, de conformidade co Programa de cooperación subscrito coa Deputación de Ourense en materia de empregabilidade.
Denominación dos postos: un/ha pión forestal e un/ha tractorista
Duración dos contratos: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello dos Blancos en horario de oficina e na sede electrónica do concello: www.osblancos.sedelectronica.gal

