O CONCELLO DOS BLANCOS OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son contratos de seis meses nas categorías de limpador/a e auxiliar de axuda a domicilio
O concello dos Blancos fai público no BOP do 21 de novembro por decreto da alcaldía con data do 17 de novembro de 2020, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a no posto de auxiliar de axuda a domicilio e dun/dunha traballador/a no posto de limpiador/a.
Denominación dos postos: auxiliar de axuda a domicilio e limpador/a.
Duración dos contratos: seis meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina e na sede electrónica do concello: osblancos.sedelectronica.gal

