O CONCELLO DOS BLANCOS BUSCA MONITOR@S DE TEMPO LIBRE
Oferta contratos de dous meses de duración
O concello dos Blancos fai público no BOP do 16 de xuño que, por decreto da alcaldía, con data do 11 de xuño de 2020, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de tres traballadores no posto de monitor de tempo libre, de conformidade co programa de cooperación subscrito coa Deputación de Ourense en materia de mocidade.
Denominación dos postos: monitor de tempo libre
Duración do contrato: dous meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina e na sede electrónica do concello: osblancos.sedelectronica.gal

