Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DOS BLANCOS ABRE TRES NOVAS BOLSAS DE EMPREGO

20 Mai 2022

Son para as categorías de pión de oficios varios, tractorista e monitor/a de campamento

O concello dos Blancos fai público no BOP do 20 de maio que por decreto da alcaldía, do día 10 de maio de 2022, aprobáronse as bases ás que se axustará o concurso-oposición para crear tres bolsas de emprego:

1ª.- Pión/Pioa de oficios varios.

2ª.- Tractorista.

3ª.- Monitor/a de campamento.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan a disposición do público no concello e na súa sede electrónica: www.osblancos.sedelectronica.gal

Volver