Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

03 Nov 2020

Son para asesor/a xurídico e asesor/a psicolóxico

O concello do Pereiro de Aguiar fai pública no BOP do 3 de novembro a convocatoria de selección de persoal laboral para a provisión dos seguintes postos de traballo:
- (1) Un/ha “asesor/a psicolóxico (A1)”
- (1) Un/ha “asesor/a xurídico (A1)”
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria realizada o día 30 de outubro de 2020, aprobou as bases que rexerán a selección de persoal laboral temporal no concello do Pereiro de Aguiar, mediante o sistema selectivo de concurso – oposición, para cubrir as prazas necesarias para o recoñecemento e acreditación do Centro de Información á Muller (CIM), de titularidade municipal. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver