O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Terá vixencia nos anos 2018 e 2019
O concello do Pereiro de Aguira fai público no BOP do 27 de novembro as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello do Pereiro de Aguiar para os exercicios 2018-2019. A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 21 de novembro de 2017, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello do Pereiro de Aguiar para os exercicios 2018-2019. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

