Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR BUSCA 4 PIÓNS FORESTAIS

07 Xul 2021

Son contratos temporais

O concello do Pereiro de Aguiar fai pública no BOP do 7 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 4 prazas de pión forestal.
Mediante acordo da xunta de goberno local, realizada en sesión extraordinaria o día 02.07.2021, aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará a oposición para a selección e  contratación temporalmente de 4 pións forestais. As/Os interesadas/os poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 8.30 a 15.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.concellopereiro.com

Volver