Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO PEREIRO BUSCA PIÓN PARA O GES

11 Mai 2022

É un concurso-oposición

A Xunta de Goberno Local do concello do Pereiro de Aguiar fai público no BOP do 11 de maio que, na sesión ordinaria realizada o día 4 de maio de 2022, aprobou as bases que rexerán a selección e provisión, mediante o sistema de concurso–oposición, de persoal laboral temporal no Concello do Pereiro de Aguiar, para cubrir unha (1) vacante na categoría profesional de pión para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) (V). As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver